domingo, 14 de novembro de 2021

25 N.CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

QUE É A VIOLENCIA DE XÉNERO?

 Trátase dunha violencia que afecta ás mulleres polo mesmo feito de selo. Constitúe un atentado contra a integridade, a dignidade e a liberdade das mulleres, independentemente do ámbito no que se produza.

Enténdese por violencia de xénero calquera acto violento ou agresión, baseados nunha situación de desigualdade  dos homes sobre as mulleres que teña ou poida ter como consecuencia un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas as ameazas , tanto se ocorren no ámbito público coma na vida familiar ou privada.

O concepto "violencia de xénero" dá nome a un problema, que ata hai pouco, formaba parte da vida privada das persoas; era considerado un asunto de familia que non debía transcender de portas para fóra e, polo tanto, no que non se debía intervir. . Esta percepción contribúe a que as mulleres non denuncien a súa situación por medo, vergoña ou culpabilidade.

A discriminación das mulleres e a violencia de xénero (como a manifestación máis brutal das desigualdades entre homes e mulleres) é un problema que traspasa fronteiras e que está presente na maior parte dos países do mundo coa particularidade de que as vivencias do maltrato son enormemente parecidas en todos os lugares e culturas.

DECÁLOGO POLA IGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


1) Tratar as persoas con respecto.

2) Recoñecer e valorar a diversidade.

3) Sensibilizar e concienciar  sobre o significado da violencia de xénero.

4) Condenar e denunciar calquera tipo de violencia de xénero.

5) Educar en igualdade. Fomentar a necesaria igualdade entre homes e mulleres.

6)Impulsar o uso da linguaxe non sexista .

7) Evidenciar comportamentos e manifestacións de  micromachismos (Pequenos xestos, actitudes, comentarios e prexuízos que se manifestan no cotián, colocando á muller nunha posición inferior ó home ...)

                              EXEMPLOS DE MICOMACHISMOS

8) Impulsar a corresponsabilidade nas tarefas domésticas e de coidados.

9) Romper a cadea de actitudes e comportamentos machistas.

10) Defender que, cando unha muller di NON, é NON.

REFLEXIONAMOS XUNTAS/OS


A profesora Rosa Alonso Lozano envía desde a páxina AULAS GALEGAS esta proposta para traballar o 25 N. 
A continuación amosaranse os grafittis da afgá Shamsia Hassani que reflicten a vida das mulleres en Afganistán e a seguir a proposta da creación dun lema para cada imaxe.
 Graciñas por compartir. Atención!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario