Organizados pola Biblioteca do Centro, asistimos hoxe a un obradoiro de Ciencia.
Foron impartidos por Lucía, mamá de tres alumnos do Centro.
O primeiro que nos dixo foi que deberíamos ter moita curiosidade. Falounos e ensinounos libros...gordos e cheos de información que estudou na súa carreira de Enxeñería ...de libros que hai nas Bibliotecas dos Centros para que esa ciencia chegue ás idades máis cativas e vaiamos formándonos e coñecendo cousas...e finalmente de libros dixitais que forman parte das novas tecnoloxías e que, por idade, resultan máis atractivos.
Sen perder o interese e che@s de intriga, comezaron os experimentos...
Este foi o primeiro... Como nos contou que non eran inmediato ver os resultados finais...ensinounos o resultado final do experimento feito no día anterior con outro curso...sorpresa de cores!!!!
Seguimos... 2º ...vela e osíxeno!!! Caras de abraio...ohhhh
3º Mesturas que non se xuntan!!!! Atención e expectación!!!!
Lucía deixounos tamén títulos de programas de Ciencia que nos gustarían...por exemplo:
¿CÓMO LO HACEN?...Xa que se achega o Nadal...
GRACIÑAS ÁS ORGANIZADORAS E ESPECIAL MENCIÓN A LUCÍA POR ACHEGARNOS A CIENCIA Á ESCOLA!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario