venres, 17 de decembro de 2021

O APALPADOR.O PAPÁ NOEL GALEGO

 Imos coñecelo un pouco porque nos vai visitar na aula... A curiosear rapazada!!!


         O Apalpador, a personaxe mítica do Nadal galego.
O Apalpador (tamén coñecido como Pandigueiro ou Apalpadoiro) é un vello carboeiro que habita nas montañas do Courel. Leva unha vida sinxela, sen grandes preocupacións, sempre vestido co seu vello casaco remendado e a súa boina. É unha persoa humilde, que comparte o pouco que ten co resto da xente. E as castañas son a súa larpeirada preferida!

Cada 24 de decembro (ou 31 de decembro, segundo a zona) baixa das montañas e vai visitar os meniños e meniñas galegas. Entre nas casas á noitiña, cando están a durmir, e apálpalles a barriguiña para saber se están ben mantidos. Ós que pasaron fame e teñen a barriga baleira, déixalles unha presa de castañas co desexo de que no próximo ano vivan con fartura. Ós que a teñen chea déixalles tamén unha presa de castañas co desexo de que continúen así todo o ano.
Pero o Apalpador é xeneroso e non só deixa castañas, senón que tamén dá presentes ós cativ@s. Estes presentes non son obxectos de consumo nin de grandes almacéns, son detalles feitos á man, libros, música non comercial, produtos de comercio xusto... Produtos sinxelos dun home sinxelo.

Un gran ilustrador galego, LEANDRO LAMAS, debuxouno así:



Un libriño:

Ningún comentario:

Publicar un comentario