luns, 14 de febreiro de 2022

O DIÑEIRO

Antes de que existise o diñeiro, as persoas practicaban o  trueque, é dicir, intercambiaban os seus bens para cubrir as súas necesidades.

O diñeiro é un medio de intercambio aceptado polas sociedades para comprar bens, como un libro, e para pagar servizos, como unha viaxe en autobús.

A historia do diñeiro comeza ao redor do século V ao VII a.  C. coa primeira acuñación de moeda. O diñeiro é calquera obxecto de valor claramente identificable que é aceptado para o pago de bens, servizos e débedas nun mercado ou o que é moeda de curso legal dentro dun país.

HISTORIA DO DIÑEIRO:

A  BOLSA

As grandes empresas que necesitan diñeiro para ampliar o seu negocio póñense á venda na bolsa de valores. Trátase dun espazo onde se dá un valor á empresa. Este valor divídese en partes chamadas accións, que se venden a persoas con diñeiro para investir.

Así, os investidores que compran as accións convértense en donos dunha parte da empresa. Co tempo, se a empresa gaña diñeiro, obteñen beneficios, e se a empresa perde valor, perden o seu investimento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario