Vídeo animado elaborado pola Federación DOWN GALICIA no que se explica que é a síndrome de Down de maneira sinxela e visual.
#GraciasPorTanto, a campaña para o Día Mundial da Síndrome de Down homenaxe á sociedade
Este ano, Down España cumpre 30 anos e por iso a nova campaña ten un propósito moi distinto: esta vez queren dar as #GraciasPorTanto aos centos de miles de cidadáns e cidadás que, desde o anonimato e sen buscar ningún recoñecemento, axuda, e, en definitiva, fai a vida máis bonita ás persoas coa síndrome de Down facilitando a súa inclusión social.
A campaña
Alba ten 30 anos e vive no pequeno Barrio de San Carlos, en Cádiz. Baixo a súa casa está a panadería de Rosa, a quen coñece de toda a vida. Alba quería darlle as grazas a Rosa por recibila na súa tenda sempre cun sorriso e preocuparse por ela e a súa familia… Así que enchemos un teatro de Cádiz ao completo para darlle a Rosa a sorpresa da súa vida.
Grazas a 200 colegas, fixemos crer a Rosa que ía acudir a unha gala na que se entregaba o premio ao mellor comerciante do Barrio de San Carlos. O que Rosa non imaxinaba era todo o que ocorrería despois…
Ningún comentario:
Publicar un comentario