Unha empresa é unha organización creada para producir bens e servizos, obtendo por eles beneficios económicos. Podemos distinguir distintos tipos de empresa:
1) Pequenas e medianas empresas. Coñécense co acrónimo PEMES (menos de 250 traballadores).
2) Grandes empresas. Agrupan a máis de 250 traballadores. Algunhas teñen miles de empregados e están establecidas en distintos países, polo que son coñecidas como multinacionais.
Unha mensaxe publicitaria ou anuncio publicitario é un tipo de mensaxe transmitida mediante soportes gráficos, audiovisuais ou auditivos, xeralmente de pouca duración. Ten como obxectivo dar a coñecer un produto, servizo, institución ou tema, polo xeral con propósitos comerciais.
A publicidade debe evitar o uso de violencia ou agresividade inxustificadas, como tamén o uso de elementos que causen temor ou poidan perturbar aos menores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario