SINTAGMA NOMINAL SUXEITO (S.N.S)
Realiza a acción do verbo.
O SUXEITO ten estas características:
Concorda co verbo (en número e persoa).
Sempre pode substituírse por un pronome tónico (eu, ti, el/ela, nós, vós, eles/elas, vostede, vostedes)
Nunca leva preposición.
Estes son os elementos que podes atopar nun S.N.S:
O substantivo ou un pronome que funciona de NÚCLEO
DETERMINANTE (artigos, demostrativos, posesivos...). Ex: Este neno; moitas bolboretas; o mar azul...
MODIFICADOR DIRECTO: é a función desempeñada por todas aquelas palabras que modifican (especifican ou explican) o significado do NÚCLEO do Sintagma. Ex: O mar azul; ese rapaz loiro; o veloz automóbil; a garavata vermella...Son sempre adxectivos.
Ás veces, o suxeito non aparece expreso (está elíptico) COMEMOS PATACAS e, ás veces non existe (oración impersoal).MAÑÁ CHOVERÁ.
SINTAGMA PREDICADO VERBAL (S.P.V)
No Sintagma Verbal, o NÚCLEO é o VERBO.
Hai dúas clases de predicados:
- O predicado nominal. Se o verbo é copulativo, é dicir, que non expresa acción senón que simplemente une o Suxeito e o Predicado (SER, ESTAR, PARECER e sinónimos): Comeu unha fabada.
- O predicado verbal . Expresa unha acción ou un proceso e que soe ir acompañado de diversos complementos .Son o resto dos verbos
Ademais do NÚCLEO, poden aparecer outros complementos:
1) O COMPLEMENTO CIRCUNSTANCIAL
Esta función é desempeñada por un sintagma, as veces precedido de preposición, que expresa:
tempo: Pasadomañá sairemos de viaxe.
lugar: Viven en Marbella .
modo: Todo acabou felizmente.
cantidade: No grites máis, por favor.
causa: O desfile suspendeuse pola choiva.
finalidade: Vin para contarcho.
afirmación: Si o sabe.
negación: Nunca estivemos en Berlín.
compañía: Saín con eles .
instrumento: Cravei a punta co martelo.
2) O COMPLEMENTO DIRECTO
O C. Directo sempre se pode substituír por un pronome átono (O, OS...) e só pode levar a preposición A cando se trata de un C.Directo de persoa:
Leo moita literatura nórdica.
Vin a teu pai na festa.
A min non me viu. (Ás veces aparece duplicado).3) O COMPLEMENTO INDIRECTO
O complemento Indirecto sempre se pode substituír por un pronome átono (lle, lles) e leva a preposición A a non ser que se trate de un pronome:
Escribín unha carta a meu irmán.
Dareiche o que teño.
A ti e a Pedro regalareivos uns libros. (Ás veces aparece duplicado)..O ATRIBUTO
Este complemento só aparece nas oracións copulativas, onde é imprescindible.
O Sintagma que desempeña esta función, destaca unha característica ou estado do Suxeito, por iso concorda con el.
Sempre se pode substituír polo pronome átono O:
Eu son moi alta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario