venres, 8 de abril de 2022

VISITOUNOS ANDREA MACEIRAS

 Por cortesía da editorial Xerais tivemos a visita de Andrea Maceiras...

Esta é a súa web oficial para coñecela algo mellor.

                       ANDREA MACEIRAS


Foi para nós unha enorme ilusión saber que nos ía visitar a autora do libro que levamos lendo este trimestre e que nos enganchou dende o primeiro día...
Así que fixemos para recibila fermosos debuxos ...


E chegou o momento...todo preparado na Biblio...

Comeza a charla. Andrea presentouse e agarimounos coa súa dozura. Comezou unha presentación que nos tivo sen pestanexar...atentísimxs.
Viaxamos imaxinariamente á Amazonía, onde transcurriu a historia...

Apareceron prantas e animais que lemos no libro:
Pechamos os ollos e viaxamos en helicóptero vendo a deforestación da selva, os incendios as minas ,as presas que estragan os ríos...todo o que lemos!!!!
Rematada a nosa viaxe imaxinaria, empezaron as preguntas que lle fomos facendo. Contounos que a historia estaba baseada nunha tribo real...

E a portada é unha imaxe real...maxia!!!

Contestou unha por unha as moitas preguntas que lle fixemos sen perder a dozura nin a amabilidade...E nós sen perder a atención.


Para rematar firmou cada un dos  libros e falou un anaquiño con cada un de xeito ben cariñoso.

Despedímola cun grande aplauso pedíndolle que seguise escribindo e dándolle as grazas por esta visita tan especial!!!
FOI UN PRACER RECIBILA E ESCOITALA!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario