mércores, 11 de maio de 2022

17 MAIO. LETRAS GALEGAS 2022

 O Día das Letras Galegas é unha celebración para homenaxear a persoas que destacaron pola achega literaria en idioma galego. Desde 1963, cada 17 de maio a Real Academia Galega dedica esta celebración a unha personalidade diferente.

A data de celebración escolleuse para homenaxear á publicación do primeiro exemplar da obra Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro en 1863. 

No Día dás Letras  Galegas 2022 homenaxearase a  Florencio Delgado  Gurriarán ( Córgomo- Villamartín de Valdeorras, Ourense, 27 de agosto de 1903 –  California, EEUU, 14 de maio de 1987).


Imos coñecelo un pouquiño:

Repasaremos algunha das súas obras:
"Aí vén o maio" é un dos poemas que Florencio Delgado Gurriarán, incluíu no seu primeiro libro, 'Bebedeira' (1934). Neste vídeo seis alumnas e alumnos do CEIP Julio Gurriarán (O Barco de Valdeorras) interpretan a canción composta polo mestre de música do centro, Nacho Hermida, a partir da composición poética do autor.


Canción interpretada por CARLOS GARCÍA CASÁS cun poema do autor:
A PANDEIRADA

O grupo de 2º A do CEIP Julio Gurriarán (O Barco de Valdeorras) representa a dramatización de "Casoiro" . Este é un dos poemas que o protagonista do Día das Letras Galegas 2022, Florencio Delgado Gurriarán, dedicou ao mundo do viño da súa comarca, Valdeorras, e incluíu en 'Galicia infinda' (1963).


Agora imos facer un ACRÓSTICO... un poema no que as letras iniciais, medias ou finais de cada verso, lidas en sentido vertical, forman un vocábulo ou expresión. por exemplo:


Ningún comentario:

Publicar un comentario