domingo, 22 de maio de 2022

A ELECTRICIDADE

 

EXPERIMENTO...ELECTRICIDADE ESTÁTICA

A electricidade estática é a culpable dos  chispazos que che levas ao baixar do coche ou do  chisporroteo que provoca un simple xersei de la cando cho quitas no inverno. Invisible, pero presente na vida cotiá.


GLOBO E PAPEIS
É o experimento máis coñecido, pero non por iso deixa de ser curioso. Seguro que o fixeches máis dunha vez: só fai falta un globo inchado e uns anaquiños de papel. Carga o globo con electricidade estática fregándoo contra o pelo ou a roupa (para todos os trucos o mellor é un xersei de la ou sintético) e achégao aos papeis. O desexo dos electróns por equiparar as cargas creará un fío invisible que atraerá aos papeis cara á o globo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario