martes, 31 de maio de 2022

O MAGNETISMO

Que fai que as cousas caian ao chan? Que as «empuxa» a caer? Seguro que coñeces a resposta, trátase da lei da gravidade, que fai que todos os obxectos que se atopan preto da Terra se vexan atraídos por esta.

Seguro que viches imáns moitas veces: os da neveira ou nos xoguetes magnéticos, por exemplo. Tamén se utilizan imáns para que a porta da neveira quede ben pechada, ademais, e aínda que non os vexamos, atópanse no interior dos computadores (no disco duro) e en altofalantes. E existen « superimanes» capaces de levantar grandes obxectos metálicos, como os automóbiles nun despezamento de coches, e mesmo hai trens magnéticos, que funcionan con imáns.

Os primeiros imáns coñecéronse fai máis de dous mil anos. Tratábase de pedras un mineral chamado  magnetita. A  magnetita é un imán natural, pero co tempo aprendemos a fabricar imáns artificiais con distintos materiais como o aceiro, a  ferrita ou o  neodimio, que ten unha potencia extraordinaria. 🧲

 

MAGNETISMO TERRESTRE

Imos imaxinarnos a Terra como un  bombón tipo Ferrero  Rocher. Na superficie están os anaquiños de améndoa, pero por dentro hai varias capas e, no centro, unha abelá.

No caso da Terra atopámonos tamén con varias capas e na parte máis profunda hai un gran núcleo formado por ferro fundido. Ese ferro ten propiedades magnéticas, o que fai que a Terra se comporte como un imán xigantesco, cun polo norte e un polo sur.

E para que nos serve?

Que existan un polo norte e un polo sur magnéticos axúdanos a orientarnos, e non só aos animais, senón tamén a aparellos como o  GPS e, por suposto, para que funcionen os compases, que son en realidade agullas  imantadas que apuntan ao norte magnético da Terra. Pero hai cousas aínda máis importantes: o campo magnético terrestre protexe a vida, porque sen el non teriamos atmosfera e a radiación cósmica extinguiría a vida na Terra.

Ademais, deféndenos dos ventos solares, que abrasarían a Terra e non permitirían a supervivencia dos seres vivos. Para comprender mellor esta protección debemos imaxinarnos o campo magnético terrestre como unha especie de burbulla.

Ningún comentario:

Publicar un comentario