luns, 20 de xuño de 2022

DESPEDIDA DO CURSO

 Queridas nenas e nenos:

Remata aquí a vosa etapa de primaria. Foi un curso difícil en moitos sentidos. Tan so desexo recordar o bo. Os bos momentos compartidos por todxs que foron moooitooos e esquecer as dificultades das que a gran maioría non tivestes culpa pero que nun grupo afectan á totalidade. Síntoo.

Quixera agradecer o moito que me destes. Sempre vos dixen que eu aprendo moito de vós...agradecer o cariño, o respecto, a comprensión, a confianza que sempre me demostrastes a gran maioría nestes dous anos. Foi un pracer conducirvos e ser parte da vosa educación aportando o meu pequeniño gran de area no voso camiño.

Agradecer tamén ás familias polas que me sentin maioritariamente apoiada nestes dous cursos, en cada decisión tomada para que o voso barco navegase forte e dereito... mil graciñas pola complicidade!!

E por último pedir disculpas se algo non fixen ben ou se así o sentistes nenas, nenos e familias. Sempre pensei no mellor para cada un de vós.

Recordade o que sempre digo..."o esforzo trae moi bos resultados".Ahhh e..."non fagas ós demais o que non queiras que che fagan a ti."

Ata sempre mociñas e mociños...que teñades un camiño cheo de éxitos e  cousas que vos fagan felices e que cada unha /un de vós chegue á meta que se propoña!!!

Remato cun libriño moi especial...debedes cumprir exactamente o que se di nel para ser moi moi moi felices💗



FIRMADO : A profe Mari📗

Ningún comentario:

Publicar un comentario