A paréntese (())
As parénteses son signos que encerran elementos non necesarios ou aclaratorios intercalados nun enunciado. Utilízanse nos casos seguintes:
Cando se interrompe o que se di cunha aclaración ou dato,r. Ex: Antón (o pai do futbolista) tiña trinta anos.
Para indicar que se omitiu unha parte do texto póñense tres puntos entre parénteses. Ex: “Todos os días visitaba á súa irmá (...) na súa casa de campo”.
O signo de comiñas (“”)
Emprégase ao principio e ao final do enunciado para indicar que na fala dicimos esa parte cunha entoación especial que a destaca do resto. Utilízanse nos seguintes casos:
Para reproducir citas textuais. Ex: Díxome: “Non quero que volvas por aquí”.
Para reproducir os pensamentos dos personaxes nos textos narrativos. Ex: Eu non atendía ao que dicía o profesor, só pensaba: “Xa podía tocar o timbre dunha vez!”.
Para indicar que unha palabra ou expresión non é apropiada, que é vulgar, que é doutra lingua ou que ten un sentido especial ou irónico. Ex: Os seus “negocios” non me parecen nada claros.
Para indicar o título dunha conferencia, dun artigo dunha revista, dun poema ou dun capítulo dunha obra, pero non de libro. Ex.: O poema de Rosalía que máis me gusta é “A xustiza pola man”.
A raia (—)
A raia é un signo representado por un trazo horizontal de maior lonxitude ca o que corresponde ao guión (-).
- Úsase para marcar que o texto é dito por distintas persoas (o que na fala xa sería evidente polas voces diferentes).Ex:
—Que dis?
—Que te achegues un pouco máis. - Tamén se pode empregar para facer aclaración. Neste caso son equivalentes ás parénteses: Ex: Estiven agardando a Brais —un bo amigo meu— toda a tarde.
O guión (-)
O guión é un trazo curto de menor lonxitude ca a raia. Úsase nos seguintes casos:
Para dividir unha palabra ao final da liña cando non cabe nela completa. En ningún caso se poden separar os elementos dun dígrafo: ce-/rra-/lleiro, nin-/gu-/nha...
Para separar certas palabras compostas: Zona de non-fumadores // Dicionario galego-alemán // nor-nordeste // strip-tease.
- Úsase para marcar que o texto é dito por distintas persoas (o que na fala xa sería evidente polas voces diferentes).Ex:
Ningún comentario:
Publicar un comentario