martes, 27 de setembro de 2022

MARÍA SOLIÑA

María Soliña, unha muller de Cangas do Morrazo, foi condenada aló polo S. XVII pola Santa inquisición (tribunal da igrexa que defendía a fe católica) acusada de bruxería. Trala súa morte, converteuse nun símbolo do sufrimento do pobo.

María representa un exemplo da violencia que sufriron as mulleres historicamente.

A historia de María Soliña (Soliño segundo outras fontes), é digna de película, de feito mesmo existe algunha longametraxe sobre a súa historia. Lenda que se transmitiu de xeración en xeración entre os habitantes da vila de Cangas, como símbolo da enorme inxustiza que se cometeu sobre ela.


Este suceso inspirou a poetas e músicos . Aquí tedes a poesía de CELSO EMILIO FERREIRO: 
María Soliña. (Celso Emilio Ferreiro)

Polos camiños de Cangas
a voz do vento xemía:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.


Nos areales de Cangas,
Muros de noite se erguían:
Ai, que soliña quedache,
María Soliña.


As ondas do mar de Cangas
acedos ecos traguían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.


As gueivotas sobre Cangas
soños de medo tecían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.


Baixo os tellados de Cangas
anda un terror de agua fría:
ai, que soliña quedache,

Carlos Nuñez, Luz Casal, Luar na lubre, Astarot... foron algúns dos músicos que lle puxeron voz:

Ningún comentario:

Publicar un comentario