domingo, 23 de outubro de 2022

24 OUTUBRO.DÍA DAS BIBLIOTECAS

Esta celebración naceu en 1997 promovida pola Asociación Española de Amigos del Libro Infantil e Xuvenil.A data foi escollida en memoria do incendio que destruiu a  Biblioteca de Saraxevo durante unha guerra en  1992.

Onde está Saraxevo? En Europa:



Na noite do 25 ao 26 de agosto de 1992,  bombardearon intensamente a biblioteca, acabando con preto da metade dos seus fondos. A biblioteca  gardaba millóns de volumes, moitos deles únicos e moi antigos.

O edificio quedou gravemente danado. Nos primeiros momentos do incendio, os traballadores da biblioteca e numerosos transeúntes que pasaban por alí puxeron en risco as súas vidas para salvar cuantos libros fose posible. Varios miles de volumes puideron ser salvados  cando os empregados da biblioteca, arriscando as súas vidas, comezaron a lanzar libros e documentos polas ventás.

Por fortuna, a Biblioteca está de novo en pé: reconstruíuse e foi reinaugurada en 2014.



Sen dúbida que é un excelente día para lembrar a importancia das bibliotecas e todo o que fan pola conservación e difusión da cultura á humanidade.
Un agasallo..."A maxia da lectura"

E si dicimos palabriñas relacionadas con libros e lecturas? Apuntamos e facemos unha lista?

QUE SEMPRE VOS ACOMPAÑE UN BO LIBRO!!!📙

Ningún comentario:

Publicar un comentario