venres, 3 de febreiro de 2023

ENTROIDO: A TRADICIÓN DA FARIÑA

 A tradición da fariña é do entroido ourensán en Xinzo de Limia.


As rúas volverán ser o escenario dunha batalla campal coa fariña como munición.

O entroido de Xinzo,Entroido, de Interese Turístico Internacional, arrinca  co seu tradicional 'Domingo Fareleiro' e prolongarase durante cinco semanas, converténdose así nuns dos máis longos e xenuínos de Europa.

A guerra de fariña, tingue o pobo de branco e supón o inicio deste particular entroido. Para participar o imprescindible é ter ganas de pasalo ben e unha vestimenta acorde coa batalla: roupa que non utilicemos asiduamente, calzado cómodo e, por suposto, unha lentes de mergullo que impidan que a fariña nos dane os ollos porque, neste día, non se respecta a ninguén, nin local, nin visitante.

Así é :

DOMINGO FARELEIRO EN XINZO DE LIMIA

Ningún comentario:

Publicar un comentario