Queridas nenas e nenos:
O curso chega ó seu fin. Aprendemos tantas cousiñas!!! Deséxovos de corazón que o pasedes moooiiii ben nestas vacacións. Descansade moooito despois dun curso cheiño de traballo. Eu estou moi orgullosa de cada unha/un de vós. Sodes estupendos!!!
No blog tedes unha etiqueta chamada ENREDOS na que atoparedes un pouco de todo...xogos, pasatempos, revistas on line...Clicade e descubride todo o que hai. ENREDOS
Recordade que este blog NON pecha por vacacións e poderedes usalo sempre que queirades.
Outra recomendación...cadernos (Volume 1/2) de pasatempos!!!
En galego tamén tedes:
Deixo para o final pero moooiiii importante a recomendación de LECTURA!!!. A diario. A BIBLIOTECA MUNICIPAL está moi ben surtida. Visitádea a miúdo!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario