luns, 18 de setembro de 2023

MARÍA CASTAÑA

Unha rebelde do século XIV que se convertiu nunha lenda popular.

Realizado por María Presas para o Álbum de Mulleres
Século XIV - Data e lugar da morte descoñecidos


NOS TEMPOS DE MARIACASTAÑA é unha expresión que parece feita á medida para dicir en galego. Fai referencia a ‘hai moito tempo’. Pero esta muller é moito máis que unha frase feita: foi unha heroína que encabezou unha revolta en Lugo contra o poder eclesiástico, a igrexa.

Nada en  Cereixa, nas Terras de Lemos e Quiroga (Lugo) a mediados do século XIV, María Castaña é coñecida por impoñerse contra o bispo lucense Pedro López Aquiar, liderando unha revolta que buscaría impoñerse contra os abusivos impostos que cobraba á cidadanía. Isto acabaría coa morte do mordomo do bispo, e tanto María Castaña como a súa familia terían que pagar unha débeda e xurar non facer fronte nunca máis á igrexa. Desta figura, que chegou en forma de lenda a toda a península, con certeza sábese máis ben pouco -máis alá de que foi real-, pero resulta fascinante como o seu nome perdurou durante os séculos dos séculos.

O polifacético galeguista Isaac Díaz Pardo, fundador de Sargadelos, incluíu a María Castaña na súa galería cerámica de personaxes históricos galegos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario