domingo, 8 de outubro de 2023

CHARLA: O CORPO E OS CAMBIOS NA ADOLESCENCIA

Organizados pola ANPA ATALAIA, recibimos unha interesantísima e moi necesaria charla sobre "os cambios do noso corpo na adolescencia" a cargo da sexóloga e educadora social NOELIA MOREAU.


Para comezar foron saindo estas palabras relacionadas co tema:

E ...comezou a charla , de bo rollo, con profesionalidade e abordando todos os temas que interesaron ó alumnado.
Falamos de porno e vimos o concepto erróneo que nenas e sobre todo nenos teñen del. Explicouse que é un tipo de cine para persoas adultas, que aínda a esta idade non teñen o  cerebro preparado para entendelo. Deixouse clariño que son películas e non son reais . Podemos aprender destes temas con charlas, con conversas con papi e mami e con libros... 

Logo fixemos actividades grupais  sobre os cambios na puberdade con tarxetas que logo expuxemos ós demais:




GRACIÑAS ÁS ORGANIZADORAS E A NOELIA!!! 
Que necesario é abordar estes temas para que non se convirtan en tabú!!!

Se esta charla resultou interesante, recordade que as familias tedes estas dúas que non deberiades perder:
FORMACIÓN PARA FAMILIAS
1)Biblioteca CEIP A Sangriña 24 de outubro 2023
16:30-18:30
Proceso formativo en
igualdade para pais, nais e
profesorado. Ramón Torrente
 
2) Biblioteca CEIP A Sangriña 7 de novembro 2023
16:30-18:30
Como lle falo diso? Martina González Veiga.

Ningún comentario:

Publicar un comentario