xoves, 26 de outubro de 2023

ERNESTO CHAO

 


Ernesto Chao foi un deses actores que deixa pegada. Director do Centro Dramático Galego entre 1986 e 1987, traballou no cine, televisión e teatro nunha ampla e multipremiada carreira con galardóns como o Chano Piñeiro do Audiovisual Galego polo seu papel de Ramón Sampedro ou o Premio de Honra Pedigree do VII Festival de Cans.

 Porén, se por algo non esqueceremos a Ernesto Chao é por dar vida durante máis dunha década a Miro Pereira, o mítico dono do bar Suízo. Entre 1995 e 2006, foi o protagonista dun dos maiores éxitos do audiovisual galego, Pratos Combinados. Emitida pola Televisión de Galicia, a serie converteuse rapidamente nun fenómeno social con audiencias por riba do 40% de share e superando a calquera oferta televisiva, fútbol incluído. 

Aquí vos deixo  un pouquiño...

Ningún comentario:

Publicar un comentario