xoves, 30 de novembro de 2023

O CUCO

 Canta o cuco: ave. Os nomes vulgar e científico da especie teñen a súa orixe no canto característico do macho. Escoitade:


O poeta MANUEL MARÍA fixo esta poesía:


O cuco, cuco, cuqueiro
o cuco, cuco, cucón.
Madrugón e cantareiro
cantareiro e madrugón.

Oise pola carballeira
ó vello cuco souril
ó nacer a primaveira
entre o Marzo e o Abril.

O cuco, cuco, cuqueiro
o cuco, cuco, cucón.
Madrugón e cantareiro
cantareiro e madrugón.

¡O vello cuco cucou
e moito máis cucará!
¡O cuco non me capou
e nunca me capará!

O cuco, cuco, cuqueiro
o cuco, cuco, cucón.
Madrugón e cantareiro
cantareiro e madrugón.

Polas mañás ben cediño
o cuco canta: cu- cu.
¡Como o teño por veciño
eu trato o cuco de tu!

Foi musicada polo cantautor galego SUSO VAAMONDE. Cantámola ?

Ningún comentario:

Publicar un comentario