Elisa e Marcela, dúas mestras galegas, protagonizaron en 1901 un dos primeiros matrimonios entre persoas do mesmo sexo. Elisa Sánchez Loriga, convertida en Mario, e Marcela Gracia Ibeas casaron na igrexa de San Xurxo da Coruña o 8 de xuño dese ano. Unha vez descuberto o «matrimonio sen home», foron obxecto dunha persecución que as obrigou a buscar refuxio, primeiro en Portugal .
Fóronse ao Porto, onde viviron ata que Marcela tivo unha filla, quizais para dar máis credibilidade ó matrimonio. Alí detivéronas e arrestaron, acusadas de falsidade documental e travestismo. O proceso de extradición terminou coa súa absolución e posta en liberdade.
En 1902 partiron a Buenos Aires (Arxentina), onde traballaron como criadas ata que Elisa casou cun ancián, coa esperanza de enviudar e gozar a herdanza xunto a Marcela. O home descubriu a trama, dando ao traste co plan. Aí pérdese o rastro das dúas mulleres.

Ningún comentario:
Publicar un comentario