luns, 29 de abril de 2024

JORGE MIRA

Físico, catedrático de electromagnetismo da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Recibiu numerosos galardóns pola súa traxectoria académica e investigadora.

É académico correspondente da Real Academia Galega da lingua e membro do Consello da Cultura Galega.  Foi membro do comité de expertos sobre a Covid do Goberno de Galicia e da comisión de expertos do Goberno de España para a reforma da hora oficial. 

Compaxina a súa actividade académica, investigadora e de xestión cun intenso traballo como divulgador científico nunha extraordinaria variedade de formatos: prensa, radio, televisión e organización de accións de comunicación da ciencia. É colaborador e columnista científico no diario ‘La Voz de Galicia’ e foi responsable e presentador da sección científica semanal da Radio Autonómica de Galicia ao longo de oito anos. En televisión traballou no programa ‘Que serán?’, realizado pola delegación territorial de TVE en Galicia e emitido por TVE-2, sendo responsable no mesmo dunha sección semanal sobre ciencia.

 Tamén na TVG foi, durante tres anos, asesor científico e copresentador do programa científico ‘Ciencianosa’ e participante do programa "Cifras e Letras".

Jorge Mira conta ademais cunha sólida traxectoria investigadora, con máis de cen artigos en revistas internacionais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario