xoves, 14 de novembro de 2019

MAGOSTO 2019

Este curso tivemos un magosto un pouco diferente...o tempo non deu respiro e decidiuse levar as castañas ó forno para asar, aínda así e como estivo unha maña bastente solleira, os profes encargados da celebración fixeron unha pequena fogueira para que o magosto non perda a súa esencia...comer as castañas e...pintarnos a cara cos tizóns!!!!

Primeiro  pelamos e comemos...





Logo...sorpresa!!!! O equipo de extrescolares preparou uns xoguiños tradicionais!!!! Alá fomos moi contentos co ánimo de participar e sobretodo de pasalo ben!!!
1º  xogo...relevos!!!
Chegamos ó 2º xogo...culleres e castañas...e alí estaban os nenos e nenas de tres anos....as profes propuxeron que os acompañáramos e nós...encantado@s!!!






Saiu tan fermoso que decidimos seguir con eles no resto dos xogos!!!
Corda...

Nós sos tamén.... tiraaaaaadeeeee

Tragacastañas

O pano...

E para finalizar....o Paracaídas!




Que ben o pasamos!!!!
Rematamos a festa coa cara ben pintada...ós que lles apeteceu claro!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario