Dentro do programa Voz Natura no que participamos como Centro este curso e moi relacionado conoso PDI sobre reciclaxe e Medio Ambiente, recibimos hoxe, as aulas de 5º e 6º unha interesantísima charla sobre "A compostaxe"
Durante hora e media fóronnos contando unha chea de cousas sobre reciclaxe e compostaxe...
sobre reducir e reutilizar...que facer co lixo...
Contounos o importante que é reciclar os aceites que usamos nas nosas cociñas...aspecto que trasladamos ás familias para facelo realidade.
Logo de precisar estes aspectos, comenzou a explicarnos todo o relacionado coa compostaxe...
Onde se fai...incluso en pisos!!!
Quen a fai...os diminutos seres que habitan nun composteiro...
Os principais problemas que se poden atopar e como resolvelos...
E...como quedará finalmente...
Estivemos ben atent@s e preguntamos unha chea de cousas que foron respostadas polo ponente con rapidez e sinxeleza...
Canto aprendemos....graciñas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario