martes, 17 de decembro de 2019

XOGOS POPULARES. A CORDA




Desde Dinamización da Lingua, invítannos a investigar os xogos populares que tanto nos gustan. A nós, tocounos a CORDA...que  pode ser individual ou en grupo.
                                                           

                                                                        Salto a corda

Dous xogadores agarran unha corda por cada extremo, para dar voltas á corda. Os demais colócanse en fila para ir pasando a saltar sen perder quenda, unha vez que empeza a saltar o primeiro. Se un non salta cando lle toca, ou tropeza coa corda,  párase o xogo e este pasa a dar . Mentres que un salta, os demais cantan unha canción e segundo como sexa esta, dáse a un ritmo diferente. Para manter o ritmo estes xogos acostuman acompañarse dunha pequena cantiga, como por exemplo "Un cocherito, leré". "Unha, Dole", "Arrenrén", ou "Vai chegar un barco". Este tipo de cancións teñen un ritmo axeitado que se adapta ó xiro de corda da actividade, aínda que en moitos casos tamén acaban sendo cantigas inventadas polos propios nenos e nenas.


Pepe Repepe camisa rachada
 foi a cociña lambela pescada,
 lambeu e lambeu
 e nunca se encheu,
 foi o canizo
e champou un chourizo.

Isto é un exemplo, o que imos facer é recoller todas as cantigas de corda que os maiores das vosas familias conservan na memoria para que non se perdan.

  Tira da corda

Resultado de imaxes para saltando a corda xogo tradicional






O tiro de corda consiste nunha competición por equipos, cada un deles cun determinado número de xogadores/as.  Os equipos se sitúan fronte con fronte e cunha liña central de por medio.
Cada participante ten asida a corda da que se tira.  A un sinal do que fai de xuíz ,   cada equipo tira para o seu lado,  tratando de que o primeiro elemento do equipo contrario traspase a liña central,  momento no que gaña a tirada.



Aquí deixo uns enlaces cos que ides traballar por parellas. Apuntades todo o que vaiades lendo e expoñémolo...





























Ningún comentario:

Publicar un comentario