mércores, 1 de abril de 2020

QUE NON FALTE A LECTURA

Xa sabedes o que insisto coa lectura nenas e nenos. Hoxe chéganos esta boísima noticia...

A plataforma GaliciaLe de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura  acábase de abrir a todo o públicoPolo que teredes ó voso alcance todo o catálogo da mesma, o cal dispón de máis de 4.500 obras.

Para chegar a ela, hai que entrar no seguinte enlace:
                              GALICIALE 
Rexístrate e coas claves que recibas, accederás á plataforma. Cando remate a corentena, terás 30 días para achegarte á Biblioteca e solicitar o carné e seguir gozando dela.


Deixo o enlace nos gadgets, debaixo do calendario.
Aquí tedes máis información:



Ningún comentario:

Publicar un comentario