Xa levamos un tempiño nas casas sen poder saír e , en todos estes días pasáronvos e seguiranvos pasando, seguro, mil cousas fermosas....cociñei con mamá e papá, saltamos no sofá, démonos mil bicos, risas cos irmáns, un coliño de papá, xogamos a... Cantas cousiñas bonitiñas. Por iso vou facer esta proposta...elaborar un tarro/bote das cousas fermosas para metelas todas. Que vos parece?
*Un bote/tarro de cristal/plastico reutilizado.
*Papeis que teñades pola casa para escribir, de cores, brancos...
*Rotus, bolis...para anotar.
*Material que teñades pola casa para decorar o bote e os papeis... Botádelle imaxinación!!!
Pero nen@s, o importante non é a decoración nin o preciosiño que vos quede, o que importa é o que escribades no papel, esas cousas que compartimos cos que máis queremos e, que pronto vos daredes conta de que son as que verdadeiramente nos fan felices...poderédelo comprobar...cando esteades tristes ou enfadados....como? abrídeo e lede...veredes como chega un sorriso á vosa cariña recordando esas cousiñas.
Espero que gocedes moito con esta actividade e...espero tamén vela cando nos vexamos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario