mércores, 1 de abril de 2020

XOVES 2 ABRIL

E para hoxe xoves esta é a proposta:

1) En mates: Imos hoxe co cálculo mental que debedes practicar moito moito. Ide ós últimos recursos que colguei...recordade que estaban enlazados arriba, ó lado das visitas virtuais.

2) En C.Sociais: Tal como dixemos o martes, acabade de repasar o tema do Diñeiro e o Consumo.

3) En Valores: Imos facer un TARRO DAS COUSAS BONITAS. Detallo na entrada seguinte.

4) Biblioteca: Peniña que non podamos ir...inda que espero que leades un pouco cada día...os libros que levastes, xa estarán acabados, pero seguriño que tedes moitos pola casa ou revistas, ou periódicos, ou cómics...o caso é ler e ademáis deixo un recurso fantásticoooo para ler. Detallo na entrada. 

5) En E.Física: Chandal, tenis...exercicio!!!! Non podemos perder a forma!!!!

GRACIÑAS FAMILIAAAASSSS
(Imaxe de Leandro Lamas)

Ningún comentario:

Publicar un comentario