domingo, 21 de marzo de 2021

1ª CHARLA-COLOQUIO REVITALIZA: "ÁS VOLTAS COA COMPOSTAXE"

Organizadas pola Deputación de Pontevedra chega ó noso cole a primeira  das charlas-coloquio  que estivo ben interesante.
 Achegámonos ó tema do lixo doméstico, a súa xestión e tratamento e o proceso de compostaxe .

Estivemos ben atentas/os e participamos preguntando e expondo as nosas curiosidades e anécdotas e incluso levamos cousiñas para aprender a reciclar mellor nas nosas casas.

Esta semana teremos a 2ª que promete ser tamén moi interesante!!!






Ningún comentario:

Publicar un comentario