Para conmemorar o Día Mundial da Síndrome de Down, que se celebra en todo o mundo este sábado 21 de marzo, o noso cole vaise sumar á iniciativa internacional dos calcetíns desemparellados.
Esta campaña busca concienciar e apostar pola importancia da inclusión e da diversidade. Deste xeito, preténdese poñer en valor o concepto da diferenza e dar visibilidade á idea de que ningunha persoa é igual a outra e que, precisamente, esa diferenza é a que nos enriquece como sociedade.
Esta iniciativa ten a súa orixe no Reino Unido, onde Chloe Lennon, unha nena británica de 5 anos, publicou en 2018 un vídeo en redes sociais pedindo que, para conmemorar este día, todas as persoas levasen calcetíns distintos en cada pé. A súa proposta traspasou fronteiras e foi compartida por máis de 700.000 persoas.
Nós tamén nos sumamos!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario