OS DOUS PUNTOS
AS COMIÑAS
A miúdo, temos a necesidade de destacar unha palabra ou unha expresión dentro dun texto e temos que usar as comiñas.
Usos máis frecuentes :
1. Empréganse para introducir unha cita textual, é dicir, as palabras que dixo alguén.
Xa dixo Rosalía: "Miña casiña,meu lar"
2. Tamén as usamos para destacar unha palabra ou expresión porque lle queremos dar un matiz irónico.
Levoulle “só” catorce anos rematar o seu terceiro libro.
3. Usámolas para sinalar títulos: capítulos, apartados, artigos, conferencias…
Do libro Un antropólogo en Marte gustoume o capítulo titulado “A vida dun cirurxián”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario