A piques de rematar este curso tan atípico, facemos memoria de libros...Libros que pasaron pola aula, xa que, debido á pandemia a Biblio funcionou de xeito diferente. Non por eso deixamos de ler de todos os temas.
Libros de información subidos á aula de todas as temáticas que forman a nosa Biblioteca do Centro.
Libros para lectura individual que foron subindo e baixando... aventuras, teatro, poesía, humor ,amor, temas feministas...
Libros de lectura colectiva que nos engancharon desde o principio...
O xornal "La Voz de Galicia" que chegou cada mércores á nosa aula para que foramos descubrindo outras lecturas...
Algo que nos fixo especial ilusión foi o mail que nos enviou a escritura Ledicia Costas
Damos ás grazas á profe Lorena, encargada da Biblio por apoiarnos sempre e reflexarnos tan bonito no blog da Biblio...
E para rematar prometemos pasar o verán cun libro na man!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario