mércores, 15 de setembro de 2021

AS CORES: PRIMARIAS/SECUNDARIAS

Considérase cor primaria á cor que non se pode obter mediante a mestura de ningún outro.

As cores secundarias son os que se obteñen mesturando a partes iguais as cores primarias, de dúas en dúas:

Amarelo + Vermello = Laranxa
Vermello + Azul =Violeta
Azul+ Amarelo = Verde 

O branco e o negro poderían considerarse opostos, pero nunca cores e por tanto non aparecen nun círculo cromático.

O branco é a presenza de todas as cores (da luz) e o negro é a súa ausencia total.

O negro e o branco ao combinarse forman o gris o cal tamén se marca en escalas. Isto forma un círculo propio chamado "círculo cromático en escala a grises" ou "círculo de grises"

Ningún comentario:

Publicar un comentario