mércores, 15 de setembro de 2021

O MICROSCOPIO DE VERA

Comezamos en Naturais a estudar os seres vivos e foi cando a nosa compi Vera propuxo traer o seu microscopio ...E claro, a profe encantada...sempre as novas experiencias que parten do alumnado son as mellores.

Aquí está co seu microscopio ensinando as súas partes e explicando o que iamos visionar...

 
E toda a clase atentísima...



Logo de explicar, pasamos á parte práctica...cada un de nós foi saíndo escollendo entre: animais  plantas e vexetais e fomos vendo pelos de animais, partes pequenas, vexetais... e Vera foi preparando as láminas cambiando cores e cristais segundo o que queriamos ver.



Unha experiencia ben chula que iremos repetindo.


PARABÉNS VERA!!!!! e...Graciñas por aprendernos cousiñas...

Ningún comentario:

Publicar un comentario