luns, 19 de decembro de 2022

CLIMA DE MONTAÑA

As zonas montañosas están situadas a 1.200 metros sobre o nivel do mar. 



Na Península dáse nas zonas máis elevadas dos Pireneos, Cordilleira Cantábrica, Sistema Ibérico, Sistema Central, e Cordilleiras Béticas. (Exemplos: Manzaneda, Serra Nevada, Picos de Europa…).

CARACTERÍSTICAS:

Temperaturas: invernos fríos e longos e veráns curtos e frescos.

Precipitacións: abundantes, en forma de neve no inverno.

Vexetación: Variable segundo a altitude. Segundo ascendemos está formada por bosques de aciñeiras, piñeiros, carballos e faias.




Por encima dos 2.000 metros, unicamente hai herbas baixas e pastos.


A vexetación de montaña tamén varía segundo a orientación: As ladeiras orientais ao norte (sombrías) reciben menos enerxía do sol e son máis húmidas e frescas. Por este motivo teñen unha vexetación máis abundante e árbores de folla caduca, como os carballos. As ladeiras orientais ao sur (solaina) reciben máis horas de sol e son máis secas. Por esta razón teñen unha vexetación máis pobre e menos densa, con árbores de folla perenne como as aciñeiras.

PRACTICAMOS:

O CLIMA DE MONTAÑA

Ningún comentario:

Publicar un comentario