domingo, 18 de decembro de 2022

CLIMA OCEÁNICO OU ATLÁNTICO

 


Localízase no norte da península, na costa cantábrica, Galicia e a parte occidental dos Pirineos. 

Temperaturas suaves: veráns frescos e invernos suaves, xa que o mar suaviza as temperaturas. 
Precipitacións: abundantes aos longo de todo o ano, cun lixeiro descenso da choivas no verán. A presenza de montañas axuda a facer que as nubes que proceden do Atlántico descarguen con frecuencia.
Vexetación: Moi abundante e variada grazas ás choivas. A estas zonas denomínase a España verde ou húmida. Destacan tres tipos de vexetación: 
Bosques frondosos: consta de árbores de folla caduca, como os carballos, castiñeiros e faias, que aparecen rodeados de prados naturais. A repoboación forestal foi substituíndo a vexetación natural por outras especies, como o piñeiro, árbore dominante en Galicia, e o eucalipto. 
O sotobosque está formado basicamente por fentos e musgo. Hai arbustos como o breixo e o toxo ou xesta. 
Os prados naturais, que se manteñen verdes todo o ano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario