xoves, 30 de marzo de 2023

A ETAPA DA PUBERDADE

Intererante e moi necesaria exposición  a que mantivo hoxe co alumnado de 5º MARÍA MASANA, a orientadora do Centro. Quixo deixar claro que non so era un tema de nenas senón que ambos sexos deben ser conscientes e saber deste tema.


Para empezar, foron dando ideas do concepto que elas/eles tiñan da puberdade: hormonas, cambios na voz, regla/menstruación, crecemento, granos, emocións...



Logo abordou os cambios emocionais: falamos de coñecer as nosas emocións, do concepto de autocontrol, da autoestima, da necesidade de independencia que temos nesta etapa.



Seguiu explicando os cambios físicos en mozos e mozas e foron desglosados por nenas e nenos. E vimos brevemente os aparatos reprodutores masculino e feminino.

A continuación abordou o tema da menstruación, falando do concepto e explicando o ciclo menstrual.


Vimos, abrimos e tocamos en vivo algúns do útiles necesarios para a menstruación e aprendemos a usalos: tampóns, protexeslips, compresas de distintos tipos... E falamos da necesidade de manter unha hixiene máxima cando os usemos e os necesitemos.


Graciñas María!!! Que necesario é abordar  estes temas para que non se convirtan en tabú!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario