mércores, 29 de marzo de 2023

SAÍDA PORTO DA GUARDA / CASTELO DE SANTA CRUZ

 Outra saída para coñecer o noso pobo co obxectivo de observar "in situ"o que estudamos nas aulas, en traballos feitos en grupo e aprender novas cousas, dentro do PDI do centro, “A GUARDA É VIDA”.


Saimos!!!

O primeiro foi observar as  cores das casas do noso porto. Logo puxemos rumbo ó MUSEO DO MAR.

Localízase na Atalaia, ó final do paseo marítimo. Esta edificación  lembra unha antiga fortaleza defensiva de planta circular situada no porto que foi derrubada en 1945 . En 1997 reconstrúese no emprazamento actual.

Alí esperábanos TERESA ESPEJO, técnica de cultura do Concello da Guarda que nos fixo unha exposición detallada de todo o que se atopa nese museo: unha mostra das antigas artes de pesca e os seus aparellos...fabricación das cordas, unha chalana,as marcas dos mariñeiros guardeses, aparellos para recoller o argazo, áncoras, redes... E cunha selección de cunchas de mar procedentes de todo o mundo. Moi agradecidxs por seguir aprendendo o noso Teresa!!!

Rematada a visita e despois dunha pequena merenda, puxemos rumbo á nave das REDEIRAS.

https://www.paxinasgalegas.es/asociacion-de-redeiras-atalaia-632591em.html 

 Alí esperaba MARINA  que nos detallou o que estaban facendo coas redes que tiñan estendidas e puidemos ver a varias redeiras arreglando e cosendo redes. Graciñas!!!

Para rematar a mañá subimos ó CASTELO DE SANTA CRUZ onde admiramos a beleza da paisaxe e comprobamos o aprendido nas aulas.

Aquí deixamos a mañá en imaxes. Outro día xenial!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario