luns, 27 de marzo de 2023

VISITA CASTRO SANTA TREGA

 Nunha mañá solleira pero un tanto fría, o luns 27 de marzo, o alumnado de 5º e 6º. acompañados das súas titoras e da orientadora do Centro, puxeron rumbo ó lugar máis emblemático da Guarda, o CASTRO DE SANTA TREGA.

O obxectivo da saída era observar "in situ" o que estudaran nas aulas, nun traballo feito en grupo do Castro,e aprender novas cousas, dentro do PDI do centro, “A GUARDA É VIDA”.

Ó pé do Castro, esperábanos JAVIER CRESPO, profesor de historia,ó que agradecemos a súa implicación e atención. Fíxolnes unha explicación detallada da vida castrexa, o que comían, como vívían e dos restos atopados neste poboado. Logo de respostar ás preguntas que lle fixeron, merendamos e acompañounos ó CASTRO DE MERGELINA

Para rematar subimos ó alto do castro a ver a ermida de Santa Trega.


Dende alí retomaron a baixada ata o cole. Aquí quedan as  
imaxes:

UN DÍA XENIAL!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario